venres, 1 de decembro de 2017

E VÓS...CONTADES?

Na aula xurden momentos máxicos que temos a sorte de vivir xuntos, e hoxe queremos compartir un deles con vós.
 
Cada día, ao longo da mañá, hai un momento para o conto. É algo imprescindible na nosa aula. Pode ser a primeira hora, despois do patio e de relaxarnos, para despedirnos antes de rematar a xornada…. Pero sempre hai un conto, cada día. Ás veces é un conto novo que non coñecen, outras veces algún neno ou nena elixe un conto da biblioteca da aula, outras piden un conto que lles gusta especialmente a todos (increíble, verdade?), outras contamos un conto sen libro, e outras traen eles contos da biblioteca particular da súa casa e incluso nolo contan! Como ledes, hai moita variedade.
 
Cando lles contamos un conto aos nosos fillos e fillas estamos contribuíndo enormemente ao seu desenvolvemento. Escoitan sons, palabras e expresións que pouco a pouco incorporan ao seu vocabulario, aprenden a modular a voz, a expresarse, a falar para os demáis. Tamén contribúe enormemento á súa imaxinación e ao seu repertorio visual, xa que os contos teñen unhas ilustracións que os pequenos analizan moi ben para seguir a historia e nas que hai moitas mensaxes que complementan o texto que nós lles lemos. Ademáis, as ilustracións son pequenas obras de arte que non podemos desaproveitar e debemos deternos nelas para aprender a observar e analizar.
 
Convivir cos libros é a base da educación. Neles hai diversión, aprendizaxe, valores, emocións, viaxes, amizade... E vós, ledes moitos contos? Animádevos a compartir con eles ese momento emocionante de descubrir xuntos unha historia, ide con eles a contacontos sempre poidades, e visitade as bibliotecas en busca de novas historias!
No cole hai moitos e podedes vir polas tardes a ler e/ou levar libros para casa, non deixedes pasar a oportunidade!
No vídeo podemos ver a Noa contándonos o conto do León Tolón que trouxo hoxe ao cole. Propuxémoslle que o contase despois do recreo, e xa vedes o ben que o fixo e o atentos que están todos os seus compañeiros e compañeiras. Gozamos moito do momento e eu, persoalmente, espero que todos, pouco a pouco e ao seu xeito, me conten moitos contos J


NOA CONTO

E para rematar, podedes comentar nesta entrada e contarnos cales son os vosos momentos preferidos para ler xuntos e o conto (ou contos) que máis vos gustan.
Moitas grazas, familias!

2 comentarios:

  1. Alex y yo siempre leemos un cuento antes de irnos a dormir. Los días que no hay cole al dia siguiente leemos dos o tres. Le encanta leer!! Como a mama!!!

    ResponderEliminar
    Respostas
    1. Qué bien! Muchas gracias por compartirlo aquí y felices lecturas en muy buena compañía! :)

      Eliminar