venres, 7 de abril de 2017

EXPOSICIÓN NA BIBLIOTECA 2017
 
Este segundo trimestre tocoulle aos nenos e nenas de Educación Infantil realizar a exposición na biblioteca. Como o proxecto do centro trata sobre as emocións, pequenos realizaron este video con imaxes dos obradoiros que realizamos ata o momento e un videoclip fermosísimo!
Agardamos que vos guste!!



 
QUE TEÑADES MOI BOAS VACACIÓNS!
CHEGOU A PRIMAVERA, E CON ELA... NOVOS OBRADOIROS!
  
Xa case entrando no mes de abril comezamos a traballar conceptos relacionados coa primavera e como xa estaban moi próximas as vacacións de Semana Santa, fixemos un obradoiro relacionado coa Pascua: pitiños, ovos decorados, e como facer un roscón de Pascua era un pouquiño complicado, decidimos facer unhas rosquillas que estaban deliciosas!
 


Obradoiro Pascua from librincios on Vimeo.

Ao mesmo tempo, como explicamos en marzo no blog do ciclo de educación infantil (http://infantilvincios.blogspot.com.es/), continuamos coa remodelación do noso patio axudadas por Mar e Belén, de Ludantia.
Nesta segunda sesión fixemos catro obradoiros: de móbiles feitos con madeira, corda, boliñas de madeira, tubos, cascabeis; de pintar cunchas e pedras; outro no que fixemos un circuito; e outro no que elaboramos adornos con barro para o noso bosque. Axudáronnos os padriños da clase de 4 anos, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria (Moitas grazas!!!). 
Mirade canto traballamos!
 

domingo, 2 de abril de 2017

FELIZ ANIVERSARIO, OLALLA!

O pasado mes de marzo Olalla cumpriu 4 anos, e para celebralo tivemos a visita de Verónica, a súa nai, que nos ensinou a decorar unhas riquísimas magdalenas utilizando fondant e confeti de cores. Modelamos o fondant utilizando rodillos e moldes, e unha vez rematada a nosa magdalena, puxemos unha banderiña cun pirata ou unha coroa, ao noso gusto.
Logo, Olalla soprou as velas e merendamos cousas riquísimas, sobre todo os gusanitos! ;)

 
Moitísimas grazas por vir, Verónica! É moi enriquecedor para xs pequenxs recibir visitas, e encantounos o teu obradoiro! Agardamos que o pasaras ben.
 
 

ANIVERSARIO OLALLA - Kizoa Editar Videos - Movie Maker