sábado, 30 de setembro de 2017

XA ESTAMOS DE VOLTA!

Ola!
Levamos xa unhas semanas na escola e temos que vos contar moitas novas!
Este ano hai moitas novidades: cambiamos de aula, temos profes novxs, comezaron outros nenxs na aula de tres anos e...temos compis novos!! 
Estamos contentísimos, así que agardamos que sexa un ano xenial!
Deixámosvos algunhas imaxes do noso traballo dos primeiros días: aprender a xogar co material novo, saber onde están gardadas as cousas e onde teñen que volver para atopalas sempre que as precisemos, e falar moito do que nos pasou durante o verán.
 
Como xa somos maiores, podemos traballar a orientación e a percepción visual co escornabot. Como xa aprendimos o ano pasado, temos que agardar o noso turno e estar atentos para axudar cando nolo pidan os nosos compañeiros. Tamén aprendemos a utilizar os novos xogos da aula. 
 
Este ano sorprendeunos moi rápido o outono! En cando puidemos, saimos ao patio para celebralo saltando nalgún charco que atopamos, recollendo follas, pisándoas para escoitar o ruido que fan, cheirándoas,... Aproveitamos para facer un recoñemento do patio, ir visitar a ameixeira que plantamos en fin de curso, e comprobar que temos que traballar no noso xardín aromático para que volva ser un fermoso xardín.
 
 
O noso patio está cheo de posibilidades!
 
Pero isto non remata aquí. As follas de outono, landras e troncos, sérvennos para aprender. Neste pequeno video poderedes ver cómo fixemos estas tarefas tan complicadas:



OUTONO1

E isto é todo polo momento! Se vos apetece comentar na publicación ou propoñernos algunha outra actividade con elementos do outono, estaremos encantados de compartila na aula!
 
Apertas!