mércores, 23 de novembro de 2016

PARABÉNS, LEYRE!

Comezamos esta semana estupendamente co aniversario de Leyre! Para celebralo, visitounos a súa madriña, Nati, que nos contou moi ben dous contos moi bonitos: Corre corre, cabaciña (OQO) e El cocodrilo al que no le gustaba el agua (Picarona). Moitas grazas, Nati!
Logo da sesión de contos, sentámonos á mesa para cantarlle os parabéns, soplar as tres velas e merendar os riquísimos biscoitos que fixeron os pais de Leyre. E, para rematar a celebración: a bailaarrr!!


 
 


luns, 21 de novembro de 2016

MAGOSTO

FOMOS AO MAGOSTO!
O pasado martes 15 de novembro fomos celebrar o Magosto ao  Monte Galiñeiro, e pasámolo xenial! Foi a nosa primeira saída do cole, e estabamos moi emocionados porque iamos viaxar en autobús :)
Moitas grazas a todas as familias polas castañas. Nós deixámosvos unha pequena mostra do que foi a nosa mañá.

 

MAGOSTO 2016 - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 
 
ATA O ANO QUE VÉN!

xoves, 10 de novembro de 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS

COÑECEMOS AOS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!

Durante estes meses fomos coñecendo aos nosos padriños lectores e madriñas lectoras, que son nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria. Cada un de nós ten un padriño ou madriña, e incluso algún de nós ten dous!!! Con eles realizaremos con frecuencia actividades, e axudaránnos cando teñamos algunha tarefa especialmente complexa, como o fixeron o día da Vendima :)
Aquí vos deixamos un vídeo do primeiro día que viñeron á nosa aula para coñecérmonos e nos agasallaron cunha fermosa representación do conto de Os tres porquiños que prepararon coa súa profe Filo. Que ben o fixeron!!
 

Uns días máis tarde, plantamos xuntos xeranios e uñas de gato nas nosas xardineiras. Axudáronnos un montón, e as xardineiras quedaron preciosas. Mirade, mirade...


Pasámolo xenial, moitísimas grazas!