luns, 15 de xaneiro de 2018

XA TEMOS CATRO ANOS!

Uns días antes de ir de vacacións tamén celebramos o aniversario de Isaac, e...xa temos todxs catro anos!
Para festexar este día tan especial contamos coa visita de Alicia, a nai de Isaac, coa que fixemos unhas galletas riquísimas. Con moldes de estrela fixemos moitas galletas que fomos metendo no formo mentres nós dabamos conta dun biscoito moi saboroso!
Moitas grazas, Alicia, por visitarnos e ofrecernos esa actividade! Encántanos recibir visitas, e son días e celebracións que sempre lembramos :)
Aquí vai un vídeo coas fotos dese día. Agardamos que vos gusten!
 
 


Aniversario Isaac

Ningún comentario:

Publicar un comentario