mércores, 29 de novembro de 2017

CELEBRAMOS OS 4 ANOS DE LEYRE!

A semana pasada Leyre estivo de aniversario e celebrámolo na aula coa compañía de Noelia, a súa nai. Noelia presentounos a Grisela, unha ratiña á que non lle convencía a cor gris da súa pel e cambiaba de cores continuamente, pero nunca estaba contenta. Afortunadamente, coa axuda dun amigo, decatouse do fermosa que era a súa cor e a tristeza desapareceu do seu rostro.
Logo fixemos ratos coma Grisela e vestímolos como mellor nos pareceu. Quedaron estupendxs!!
Para rematar, Leyre soprou as catro velas e merendamos biscoito, zume, e algunha lambonada máis.
Moitas grazas, Noelia, por animarte a vir e contarnos un conto.
Pasámolo moi ben!
 
 



Aniversario Leyre 4 anos

Ningún comentario:

Publicar un comentario