domingo, 24 de febreiro de 2019

DÍA DE ROSALÍA

Ola!
Hoxe, 24 de febreiro, celébrase o Día de Rosalía. Por iso, durante a semana estivemos traballando con Rosalía: cantamos poemas dela ou feitos para ela do libro-CD Rosalía pequeniña, de Uxía (Sonárbore), pintamos as nosas Rosalías e decoramos os poemas para que formen parte do mural do Día de Rosalía que está nun dos corredores do cole, e que estades convidados a visitar.
Traballamos por equipos, colaborando e repartíndonos o traballo, e así quedaron as nosas creacións. Agardamos que vos gusten! 

 
 Mural en proceso...

E aquí vos deixamos uns pequenos vídeos co audio gravado por nós e nos que aparece unha fotografía de cada equipo traballando.