mércores, 20 de marzo de 2019

ROSQUILLAS DE ANÍS

Antes de marchar de vacacións de Entroido quedamos con ganas de facer algo típico destas datas. Que é o que sabemos que se come no Entroido?
Filloas, orellas, chulas, rosquillas...
Desta vez probamos coas rosquillas, e non nos quedaron nada mal. E é que os nenos e nenas desta aula teñen moi boa man coa cociña, non vos parece?

 Receita
 
Mmmm…! 
 

domingo, 17 de marzo de 2019

IMOS FACENDO 6 ANOS!

Comezan os aniversarios e...os 6 anos xa están aquí!
O pasado mes de febrero celebramos na aula o aniversario de Xoel. Foi moi gracioso, xa que como estabamos coas ordes do Meco, todos e todas nós vestíamos un elegante pixama. Así que...xa fixemos a festa de pixamas!
Moitas grazas aos papás de Xoel por mandarnos a rica merendola :)
 

 
Á volta das vacacións do Entroido fixemos a festa dos 6 anos de Olalla. Tivemos a visita de Verónica e Fernando, os seus pais, e trouxéronnos catro xogos ben divertidos: unha máquina de sumar, un tres en raia, zapatos para aprender a atar os cordóns e uns bolos. E todo feito por eles! Traballaron un montón pero pagou a pena, pasámolo moi ben.
Nesta ocasión tamén vestimos moi elegantes cunhas diademas e garabatas que deseñaron para que os nenos e nenas fixeran na aula. Mirade no vídeo o guapas e guapos que estabamos.
Moitas grazas pola vosa visita e traballo previo!
 


Olalla 6

domingo, 3 de marzo de 2019

É TEMPO DE ENTROIDO!

O pasado venres celebramos no colexio o Entroido! Como estamos moi metidos no continente africano, fomos disfrazados de africanos e animais: cebras, xirafas, elefantes e leóns danzaban ao ritmo da música!
O primeiro que fixemos cando decidimos facer o traxe de africano foi decidir o que iamos levar. Fixemos un folio xiratorio no que cada neno e nena, nos equipos, aportaba unha idea: escudos e lanzas porque son guerreiros, moitas collares, teas de moitos cores, tiñamos que nos pintar de negro/marrón (aquí houbo moito debate), e levar instrumentos como os que nos ensinaran os nosos amigos do Senegal.
 
Aquí vos deixamos un vídeo para que vexades cómo preparamos os disfraces e o guapos e guapas que fomos!
 
 

ENTROIDO2019


E antes do Entroido, fomos obedecendo as ordes do Meco. Algunhas imaxes:
 
 
 
 
Gozade moito do Entroido!