luns, 26 de decembro de 2016

NADAL

OS ELFOS DA AULA DE 3 ANOS

 
Na aula de informática, coa profe Ana, os nenos e nenas de 3 anos convertíronse en pequenos elfos que axudan a preparar o Nadal. Agardamos que vos gusten!


 
 
 
 
BO NADAL!
 
 

sábado, 24 de decembro de 2016

EN DECEMBRO, CELEBRAMOS

O ANIVERSARIO DE ISAAC

 
 
Cando comezou o mes de decembro celebramos o aniversario de Isaac, que cumpriu 3 aniños! Para que fose un día especial, tivemos a visita da súa nai, Alicia, que nos ensinou a facer magdalenas. Foi a primeira vez que fomos toda a clase á cociña do cole, todo era novo para nós, pero nos saíron uns doces deliciosos. Logo, xa na aula, merendamos un biscoito, cantamos e sopramos as tres velas. Moitísimas grazas por vir, Alicia!
Aquí tedes un vídeo cunhas fotiños que fixo Elena, a profe de música (moitas grazas, profe!), e que resumen moi ben a nosa xornada cociñeira!