luns, 20 de maio de 2019

ABELLAS

Hai algunhas semanas investigamos e aprendimos un montón sobre as abellas grazas a un libro que chegou á biblioteca: Mi vida de abeja, de Kirsten Hall e Isabelle Arsenault (Libros del zorro rojo).
Despois de ler o libro realizamos diferentes actividades para saber situar algunhas partes da abella, construír as palabras, sumamos e restamos abellas e bolboretas, recortamos o voo da abella e xogamos co escornabot e as diferentes partes do corpo deste interesante insecto.
Aquí vos deixamos un vídeo coas imaxes!

ABELLAS

domingo, 5 de maio de 2019

PARABÉNS, ÁLEX!

Esta semana celebramos o aniversario de Álex, que xa ten 6 anos! Para a ocasión, Pilar e Alberto viñeron á aula con todo o necesario para facer uns peixes moi orixinais ao noso gusto. Como veredes nas fotos, a variedade e orixinalidade dos peixiños non faltou!
Logo de tanto traballo cantámoslle os parabéns a Álex e sopramos a vela para comer un delicioso biscoito de coche ao que non lle faltaba detalle.
Moitísimas grazas por vir e proponernos unha actividade tan bonita e divertida!