domingo, 7 de maio de 2017

OS TRES CUMPLES DO MES DE ABRIL!

No mes de abril tivemos un montón de aniversarios; Martín, Ainoa e Álex xa teñen 4 anos, parabéns!! Para celebralo, convidamos ás súas familias e con cada unha fixemos un obradoiro diferente: unha marabilla!!
 
 
Á volta das vacacións recibimos a visita de Isabel, a nai de Martín, que veu acompañada de Hío e Nina. Isabel explicounos o que fan os/as veterinarios/as, escoitamos o latexo do corazón de Hío e comprobamos que a Nina non lle gusta moito, aínda, que lle corten as uñas. Pasámolo moi ben con vós e aprendimos moitísimo! Mil grazas a Isabel, Hío e Nina por vir.
  


Aniversario Martín - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


Uns días máis tarde celebramos o aniversario de Ainoa! Nesta ocasión, Mabel, a súa mamá, veu ao cole e fixemos un biscoito de plátano que estaba boísimo :)
Tamén fixemos brochetas de plátano e fresa, e coloreamos uns debuxos cos ingredientes que estabamos utilizando ese día na cociña.
Merendamos xuntos, sopramos as velas, e levamos biscoito riquísimo a casa.
Moitísimas grazas por vir, Mabel! 
 


Aniversario Ainoa - Kizoa Editar Videos - Movie Maker


E xa no mes de maio celebramos o aniversario de Álex co seu papá, Alberto! Con el fixemos uns deliciosos e monstruosos bocadillos de xamón e queixo. Utilizamos un molde para facer a cara do monstro, e puxémoslle dentes, lingua e ollos. Quedáronnos xenial!
Sorprendéronnos cun biscoito con forma de coche no que Álex soprou a vela dos 4 anos :)
Grazas por vir, Alberto!
 
 

Aniversario Álex - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 
Moitísimas grazas pola vosa participación neste día tan especial para os pequenos/as!

Ningún comentario:

Publicar un comentario