domingo, 28 de maio de 2017

NO MES DE MAIO, ZOE ESTÁ DE ANIVERSARIO!
 
Zoe xa ten 4 anos, moitos parabéns! Hai uns días celebramos o seu aniversario coa visita da súa nai, Mar, e da súa irmá Zaira.
Zaira contounos moi ben o conto Orellas de bolboreta (Kalandraka), que escoitamos moi atentos e que nos encantou a todos. Logo, fomos con Mar á cociña para facer uns rulos de chocolate riquísimos e unhas brochetas de uva, fresa e plátano.
Cando rematamos na cociña aínda nos agardaba unha saborosa merendola na aula, cun castelo de chocolate enooooorme!
Pasámolo moi ben, e agradecemos á nai e á irmá de Zoe a súa participación neste día tan especial. GRAZAS MAR E ZAIRA!
 

Aniversario ZOE - Kizoa Editar Videos - Movie Maker

Ningún comentario:

Publicar un comentario