NADAL COS NOSOS
PADRIÑOS E MADRIÑAS
Antes de rematar o primeiro trimestre e de que comezase o Nadal, na aula e no cole estivemos cos preparativos. Como sabedes, temos a sorte de ter uns padriños e madriñas estupendos en terceiro de primaria, e nos días previos ás vacacións axudáronnos a elaborar a nosa carta para os Reis Magos, que logo metimos na Caixa do correo que tiñamos xunto a árbore.
Aquí deixamos un vídeo para que vexades o bo equipo que fan os nenos e nenas de 3 anos e os nenos e nenas de 3º de primaria!
Pero non só pedimos desexos aos Reis Magos, tamén decoramos o colexio cos nosos propios desexos. Como o proxecto de centro deste curso son as emocións, enchemos delas os corredores! Nunha silueta da nosa man, os padriños e madriñas escribiron palabras que nos propuxeron e nos gustaron: amor, amizade, paz, ledicia... Fermosas verbas, verdade?
Agora estas mans decoran as paredes das escaleiras do cole, nas que podemos ler milleiros de palabras emocionantes!
Mirade como o fixemos...
Mans con sentimentos - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
Nós, para desexarlles un Bo Nadal e agradecerlles a súa axuda, fixémoslles unhas pequenas postais con moito cariño :)
Ningún comentario:
Publicar un comentario