domingo, 12 de febreiro de 2017

INVERNO, INVERNO...

POR QUE NOS GUSTARÁ?

 
Á aula de 3 anos xa hai tempo que chegou o inverno, e para decorar o espazo da nosa aula realizamos un mural con espuma de afeitar e colorante azul, e nel puxémoslle uns copos de neve que decoramos con papeliños e brillantina.
Aquí vos deixamos o vídeo do noso traballo:


mural do inverno - Kizoa Editar Videos - Movie Maker
 
Coa chegada do frío, falamos da roupa que poñemos e traemos á escola para abrigarnos: gorros, bufandas, luvas (e manoplas!), botas, e abrigos e chaquetas ben quentiñas. Traballamos a motricinade fina facendo pequenas boliñas con papel de seda, e a motricidade grosa facendo bolas de papel que encestamos nunha mesa (porque as mesas do revés son tamén moi útiles), desenvolvendo a nosa coordinación visomanual a través do xogo. Animádevos a lanzar sempre que poidades!


Pero aínda hai máis! Os conceptos do inverno sérvennos para traballar de xeito cooperativo, iniciándonos nesta forma de traballo na que todos os nenos e nenas participan e fomentando a axuda e a colaboración. Aquí vai unha pequena mostra, máis adiante amosarémosvos máis actividades que realizamos cooperativamente.


 
Esperamos que vos guste!

Ningún comentario:

Publicar un comentario