mércores, 3 de abril de 2019

MÁIS ANIVERSARIOS DE MARZO!

No mes de marzo continuamos cos aniversarios de Saúl e Ainhoa. Foi unha mañá moi completa e divertida. O primeiro que fixemos foi merendar para reunir forzas, e fixémolo cos compis de 3 anos. Merendamos uns amorodos con nata riquísimos e unha tarta de chocolate que estaba para chupar os dedos!
Logo de merendar, e xa na nosa aula, María e Marcos ensináronnos a facer unas chapas ou imáns cun mandala que previamente coloreamos. Tamén tivemos a sorte de levar para casa unha chapa e un imán cunha foto nosa, chulísimos!
Como estabamos moi traballadorxs escoitamos atentamente a proposta de Ana, a tía de Ainhoa, que nos preparou o material para facer un peixiño que podíamos pescar e ata fixemos unha competición!!
Pasámolo moi ben!
 Moitas grazas a Ana, Esther, María e Marcos por vir e preparar todo con tanto cariño.



AINHOA E SAÚL

Ningún comentario:

Publicar un comentario