domingo, 28 de abril de 2019

AINOA E MARTÍN FAN 6 ANOS

O pasado mércores tivemos a sorte de recibir a Isabel e Mabel, as nais de Martín e Ainoa, para celebrar os aniversarios e pasar un tempiño con elas. Primeiro sopramos as velas e comimos os deliciosos doces que trouxeron: un biscoito que estaba para chupar os dedos e un tren que desmontamos rápidamente do riquísimo que estaba.
Coa barrigola ben chea escoitamos primeiro a Mabel ler A memoria das árbores, un conto que elixiu con Ainoa e que nos encantou. A continuación Isabel e Iria contaron unha variante do conto Os tres porquiños, cunhas marionetas e casiñas de palla, madeira e ladrillo que fixeran con Martín na casa.
Estivemos moi atentos e atentas, pero é que Mabel, Iria e Isabel contaron suuuuper ben.
Pero isto non rematou aquí. Aproveitando que acababa de ser o Día do Libro, trouxéronnos un feixe de follas e flores secas coas que elaboramos un marcapáxinas para os nosos contos. Quedaron preciosos!
 
Moitísimas grazas por preparar as actividades e vir á aula, por facelo tan ben e con tanto cariño.
 

AINOA E MARTÍN 6

Ningún comentario:

Publicar un comentario