domingo, 22 de abril de 2018

ONDE VAI QUE TEMOS 5!
No segundo trimestre tivemos varios aniversarios, así que nesta entrada vai moita información, imaxes e vídeos das visitas que tivemos para celebrar os aniversarios de Ian, Xoel, Olalla e Saúl, que...onde vai que teñen cinco!

En xaneiro celebramos o aniversario de Ian. Visitounos Yesenia, a súa tía e profe do noso cole! Como a Ian lle encantan os contos, elixiron xuntos un dos seus preferidos e, xuntos, contárono xenial. Aquí vos deixo un pequeño vídeo coas imaxes daquel día e outro no que poderedes ver o ben que o fixeron. Mil grazas pola visita, Yesenia!


Aniversario IAN


VÍDEO IAN




No mes de febreiro celebramos o aniversario de Xoel, no que tamén tivemos moita sorte porque nos visitou Judit, a súa irmá, que nos leu un conto e acompañounos na celebración! Moitísimas grazas por vir, Judit. Podes volver cando queiras!



ANIVERSARIO XOEL 5

E no mes de marzo, Olalla e Saúl cumpriron cinco anos!
Primeiro celebramos o aniversario de Olalla, ao que viu Avelina, a súa avoa, coa que aprendimos a facer filloas e nos fixo un montón enoooorme delas. Mmmmm....que ricas estaban con nata ou chocolate!! Moitas grazas, Avelina!

Uns días máis tarde celebramos o aniversario de Saúl con mooooita música! A súa familia ao completo visitou a aula e puidemos ver as partes do clarinete, o ben que canta e conta María e o ritmo que ten Saúl, unha pasada!! Despois, ensináronnos a facer xabóns de diferentes olores e cores e merendamos uns saborosísimos amorodos con nata :)
Moitísimas grazas a María, Marcos e Rodrigo! Pasámolo xenial!

ANIV. SAÚL 5

VÍDEO SAÚL

Ningún comentario:

Publicar un comentario