venres, 7 de abril de 2017

CHEGOU A PRIMAVERA, E CON ELA... NOVOS OBRADOIROS!
  
Xa case entrando no mes de abril comezamos a traballar conceptos relacionados coa primavera e como xa estaban moi próximas as vacacións de Semana Santa, fixemos un obradoiro relacionado coa Pascua: pitiños, ovos decorados, e como facer un roscón de Pascua era un pouquiño complicado, decidimos facer unhas rosquillas que estaban deliciosas!
 


Obradoiro Pascua from librincios on Vimeo.

Ao mesmo tempo, como explicamos en marzo no blog do ciclo de educación infantil (http://infantilvincios.blogspot.com.es/), continuamos coa remodelación do noso patio axudadas por Mar e Belén, de Ludantia.
Nesta segunda sesión fixemos catro obradoiros: de móbiles feitos con madeira, corda, boliñas de madeira, tubos, cascabeis; de pintar cunchas e pedras; outro no que fixemos un circuito; e outro no que elaboramos adornos con barro para o noso bosque. Axudáronnos os padriños da clase de 4 anos, os nenos e nenas de 4º de Educación Primaria (Moitas grazas!!!). 
Mirade canto traballamos!
 

Ningún comentario:

Publicar un comentario