mércores, 23 de novembro de 2016

PARABÉNS, LEYRE!

Comezamos esta semana estupendamente co aniversario de Leyre! Para celebralo, visitounos a súa madriña, Nati, que nos contou moi ben dous contos moi bonitos: Corre corre, cabaciña (OQO) e El cocodrilo al que no le gustaba el agua (Picarona). Moitas grazas, Nati!
Logo da sesión de contos, sentámonos á mesa para cantarlle os parabéns, soplar as tres velas e merendar os riquísimos biscoitos que fixeron os pais de Leyre. E, para rematar a celebración: a bailaarrr!!


 
 


1 comentario:

  1. Moi boas, quero agradecervos o día tan especial que pasou Leyre. As profes, os compañeiros, a madriña Nati, e a sua madriña da escola tamén, que lle fixo un agasallo feito por ela moi chulo. Así da gusto empezar a semana. Moitas gracias, tamén, por compartir estas fotos cos páis que non podemos estar todo o que quixeramos cos peques. Moitos bikiños e a seguir compartindo acontecementos.

    ResponderEliminar