xoves, 10 de novembro de 2016

PADRIÑOS E MADRIÑAS

COÑECEMOS AOS NOSOS PADRIÑOS E MADRIÑAS!

Durante estes meses fomos coñecendo aos nosos padriños lectores e madriñas lectoras, que son nenos e nenas de 3º curso de Educación Primaria. Cada un de nós ten un padriño ou madriña, e incluso algún de nós ten dous!!! Con eles realizaremos con frecuencia actividades, e axudaránnos cando teñamos algunha tarefa especialmente complexa, como o fixeron o día da Vendima :)
Aquí vos deixamos un vídeo do primeiro día que viñeron á nosa aula para coñecérmonos e nos agasallaron cunha fermosa representación do conto de Os tres porquiños que prepararon coa súa profe Filo. Que ben o fixeron!!
 

Uns días máis tarde, plantamos xuntos xeranios e uñas de gato nas nosas xardineiras. Axudáronnos un montón, e as xardineiras quedaron preciosas. Mirade, mirade...


Pasámolo xenial, moitísimas grazas!

Ningún comentario:

Publicar un comentario